Estou a escoitar ós AC/DC, non é que debeza por eles, pero de vez en cando doulle uso como terapia de choque contra a mala sangue. Si, o cabreo de onte sigue latexando, palpebrando a frol de pel. O exceso de decibelios fixo que un par de clientes colleran camiño antes de tempo, se cadra hoxe pecho a unha hora decente e aínda me da tempo de afogar o cabreo en augardente de herbas ou licor café. Algo dentro de mín dime que o cabreo seguerá mañá, pero cando menos esta foliada xa estará apuntada no "haber" e non no "debe", ata poida que a resaca sexa máis forte que o cabreo e leve o día máis tranquilo. Xa veremos.
Pouco bo se pode dicir de min, deume por nacer un día frio de febreiro aló po-lo ano 72, cando na españa aínda rebulía un xeneraliño de título superlativo e as conspiracións xudeo-masónicas tiñan a culpa tanto das secas coma das inundacións. Dende aquela ata hoxe pouco fixen, aparte de medrar un pouco i engordar un mundo. Tampouco creo que o futuro me depare maiores emocións.
Escribe un comentario