Publicidad:
La Coctelera

Cantos de maldolor

Tódalas visitas traen alegría, unhas cando chegan e outras cando se van.

25 Agosto 2005

Chuvia pra dous mártires

Chove por fín, en terras de Agrodeira. Ogallá chegue esta lene froalleira para que, ó menos durante uns días, o lume non volva a facer estragos no puco monte que aínda non está calcinado.
Así, con perspectivas de auga e coas costas aínda mazadas po-lo carneiro, enceto éste día de xoves no cabodano da morte de Manuel López González e Diego Espiñeira Vilariño, ámbolos dous de 26 anos, mestre un e mariñeiro o outro e que foron fusilados tal día coma hoxe do ano 36 baixo acusación de pertencer ó Partido Galeguista. Hoxe acordeime deles ó pasar por diante da Igrexa Parroquial e ver que aínda perdura a placa de mármore branco en recordo po-los "Caídos por Dios y por España" Faíseme vergoñento ter que ve-la todos os días e non facer nada.

servido por cantos-de-mal-dolor sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Pouco bo se pode dicir de min, deume por nacer un día frio de febreiro aló po-lo ano 72, cando na españa aínda rebulía un xeneraliño de título superlativo e as conspiracións xudeo-masónicas tiñan a culpa tanto das secas coma das inundacións. Dende aquela ata hoxe pouco fixen, aparte de medrar un pouco i engordar un mundo. Tampouco creo que o futuro me depare maiores emocións.

Fotos

cantos-de-mal-dolor todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera