Publicidad:
La Coctelera

Cantos de maldolor

Tódalas visitas traen alegría, unhas cando chegan e outras cando se van.

26 Agosto 2005

De beberaxes ancestrais.

Hoxe temos queimada. Non non falo de acabar co pouco verde que nos quedou tra-la queima, falo da poción ancestral, da beberaxe máxica, do bebedizo purificador.
Na queimada converxen os tres elementos básicos nos que se basea a vida: Terra, simbolizada no pote de barro, orixe e destino de todo home. Auga, cada pinga de augardente é unha bágoa da Terra Nai xerminada en forma de grá de uva, sangue fecunda que nos cinguirá ós ancestros atraverso desta pócima. E por último o Lume, que danzará violento sobor do augardente.
Botarémoslle os grans de café, un por cada provincia do antiguo reino (Betanzos, Tui, Compostela, A Cruña, Lugo ,Ourense e Mondoñedo) e un oitavo por Madrid na honra dos nosos invitados.
Apelaremos ás mulleres galegas, vivudas de vivos, que nunca deixaron de buscar a Luz:
Á nai da Esperanza: Pandora
Á extraditada do Paraiso: Eva, a pecadora.
Á que queimaron viva na fogueira: María Soíña, a meiga
Á heroína: María Pita, a guerrilleira
Á reivindicativa: Concepción Arenal
Á soñadora: Rosalía Castro
Logo recitaremos, solemnes, o Conxuro. Pedindo que os espritos fagan partícipes desta queimada ós amigos que están fóra.
Poucas cousas me gustan máis ca degustar as tres tazas de queimada na compaña dos amigos,¿por qué tres? eís a cuestión. A tradición dinos que o lume purifica, alumea e quenta. A primeira taza vainos purificar, protexendo a ialma do meigallo; a segunda taza hanos de alumear, despexando a mente de prexuizos, será a luz que alumee o noso camiño; a terceira taza quentarános a cabeza despertando as paixóns, pero será o aviso de que estamos ás portas do inferno, ó que entraremos se chegamos a consumir unha cuarta taza.

servido por cantos-de-mal-dolor sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Pouco bo se pode dicir de min, deume por nacer un día frio de febreiro aló po-lo ano 72, cando na españa aínda rebulía un xeneraliño de título superlativo e as conspiracións xudeo-masónicas tiñan a culpa tanto das secas coma das inundacións. Dende aquela ata hoxe pouco fixen, aparte de medrar un pouco i engordar un mundo. Tampouco creo que o futuro me depare maiores emocións.

Fotos

cantos-de-mal-dolor todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera