Publicidad:
La Coctelera

Cantos de maldolor

Tódalas visitas traen alegría, unhas cando chegan e outras cando se van.

29 Agosto 2005

Tra-la tempestade ven a calma

Dende o venres habito no lado escuro, na parte tenebrosa. Tras a baixada ós infernos e despois de nove cuncas de queimada, collínlle o gusto a este lado e non penso voltar nunca.
Para remate, sen tempo a recuperar, o sábado celebramos o 20 aniversario de Ancoradoiro cunha festiña que se deixou querer ata eso das 4 da madrugada, moitos recordos en pouco tempo, tocamos a gaita e o tamboril, rimos a cachón coas diversas anécdotas de tantos anos de xeira musical.
Case sen darme conta pasaron xa 17 anos dende que tivera que deixar a banda. O tempo non corre, voa. Non teño ganas de nada, a comida dame arcadas e teño unha sensación de mareo permanente, moita resaca de Nuestro Señor, é o precio a pagar po-las boas festas.

servido por cantos-de-mal-dolor sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Pouco bo se pode dicir de min, deume por nacer un día frio de febreiro aló po-lo ano 72, cando na españa aínda rebulía un xeneraliño de título superlativo e as conspiracións xudeo-masónicas tiñan a culpa tanto das secas coma das inundacións. Dende aquela ata hoxe pouco fixen, aparte de medrar un pouco i engordar un mundo. Tampouco creo que o futuro me depare maiores emocións.

Fotos

cantos-de-mal-dolor todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera