Romanchas vellas pra xente nova.
Voltei a liarme na música, ando a recopilar temas máis ou menos inéditos, repichocas que os vellos gaiteiros parecían ter esquecidas e que tras unhas tazas de barrantes e un pouco de foliada saen a relocir. Miragres da tecnoloxía, unha grabadora posta no momento oportuno e recuperamos un vals picado que non se toca dende fai trinta anos. Agora hai que pulilo un pouco, escribi-lo e sobre todo darlle aire, voltar a toca-lo. Un tema que non se toca é un tema morto, coma se nunca se tivera composto, recupera-lo é unha obriga de calquera que sinta a tradición, toca-lo, un deber de quen o recuperou.
Estame a costar máis do esperado, o gaiteiro xa non foi quen de tocar máis que a primeira parte e un cacho da segunda. Ó parecer contaba con catro partes, teño unha e media, o resto debe recompoñerse, aínda así paga a pena. Non ten máis título que "Vals picado" rebautizareino coma "Vals pra Iria",deixando claro, eso sí, que formaba parte do repertorio de "Os Campaneiros" e que cando menos, en parte é tradicional. Vou ver de remata-lo.

Pouco bo se pode dicir de min, deume por nacer un día frio de febreiro aló po-lo ano 72, cando na españa aínda rebulía un xeneraliño de título superlativo e as conspiracións xudeo-masónicas tiñan a culpa tanto das secas coma das inundacións. Dende aquela ata hoxe pouco fixen, aparte de medrar un pouco i engordar un mundo. Tampouco creo que o futuro me depare maiores emocións.
ERUDITO dijo
TU LO QUE ERES ES UN FUNCIONARIO DE MIERDA
ANDA A VENDER LIBROS POR LAS PUERTAS
1 Septiembre 2005 | 08:56 PM