Publicidad:
La Coctelera

Cantos de maldolor

Tódalas visitas traen alegría, unhas cando chegan e outras cando se van.

5 Septiembre 2005

O Padriño

Onte á tarde pechei a taberna con idea de ir visitar a meu padriño. O home está fodido. Fai dous meses atopáronlle un cancro de pulmón, antes de opera-lo o médico dixo que había que porlle un marcapasos ou non o operaba. Puxéronllo, extirpáronlle medio pulmón e puxérono a tratamento. A semana pasada volveu a ingresar no hospital, todo son complicacións. Pra min que non sae desta, queira Deus que non leve razón.
Onte cheguei tarde e xa saíran pra Santiago, votei toda a tarde a pensar nel, nas cousas que temos feito os dous cando eu era un rapaz de non máis de doce anos. Cando voltaron os que foron a visita-lo dixeron que estaba algo mellor, durmira toda a noite e xa volve a comer un pouco. Veremos que pasa.

servido por cantos-de-mal-dolor sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Pouco bo se pode dicir de min, deume por nacer un día frio de febreiro aló po-lo ano 72, cando na españa aínda rebulía un xeneraliño de título superlativo e as conspiracións xudeo-masónicas tiñan a culpa tanto das secas coma das inundacións. Dende aquela ata hoxe pouco fixen, aparte de medrar un pouco i engordar un mundo. Tampouco creo que o futuro me depare maiores emocións.

Fotos

cantos-de-mal-dolor todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera