De verdes castros e tabernas ben xeitosas
O luns fun coa cuadrilla a ver o castro de Neixón, xa fora fai algúns anos e a cousa non cambeou moito que se diga. Escañaron un pouco por aquí e por alá pero o groso do castro segue soterrado. Aínda así, a visita valeu a pena, cando menos deixei de remexer os miolos por mor do padriño, nin que dicir ten que a compaña tamén fixo moito para que a visita resultase grata (un pouco de peloteo á cuadrilla). 
Pra baixar o poxeiro das gorxas e meterlle un pouco de compango ó corpo fixemos unha paradiña técnica na " Gandaina" onde Estebo se portou coma un machote co xamón, co chourizo, co queixo, coa cecina e, sobre todo, coas botellas de mencía. Gracias compañeiro, de seguro que voltaremos por ahí.
A noite rematou (coma sempre) na Parra, parada obrigada para degustar os últimos grolos do licor-café antes de que cada galo se fose para o seu poleiro.
Aquí vos deixo algunha foto do día.

Pouco bo se pode dicir de min, deume por nacer un día frio de febreiro aló po-lo ano 72, cando na españa aínda rebulía un xeneraliño de título superlativo e as conspiracións xudeo-masónicas tiñan a culpa tanto das secas coma das inundacións. Dende aquela ata hoxe pouco fixen, aparte de medrar un pouco i engordar un mundo. Tampouco creo que o futuro me depare maiores emocións.
Taos dijo
Me reconforta y alegra que hayas-hayais pasado una tarde en compañia de vuestros alicerces de Neixon,pero se puede saber por que a nosotros los castellano parlantes nunca nos invitas a locales como ese de la Guadina de Estebo.
No somos capaces de abvrir las fotos
14 Septiembre 2005 | 08:05 PM