Publicidad:
La Coctelera

Cantos de maldolor

Tódalas visitas traen alegría, unhas cando chegan e outras cando se van.

18 Noviembre 2005

Outravolta de tabernas.

Xa facía ben de tempo que non pasaba por aquí. As cousas seguen no seu orde pre-establecido, o padriño vai mellorando pouco a pouco, pero alomenos mellora que xa é algo. Este tempo adiqueime a seguir visitando tabernas na compaña dos meus, nada me gusta máis ca botar longas paroladas á beira dunha botella de bo viño e un pouco de queixo e xamón. Prefiro as tabernas de vello, estas que aínda se poden atopar nalgunhas aldeas e nas que tanto podes tomar uns vasos coma comprar deterxente ou incluso aspirinas.

Os tabeneiros de toda a vida danche unha acollida que non se pode atopar nos locales novos, por moito que tenten revestir as paredes con un algo de tradición están ó que están, ó vil metal. Canto lles queda por aprender dos vellos, o peor é que eles vense cheos de razón e nin sequera che contestan ó saúdo cando entras. Así van pasando os días, de vagariño e amolecendo nas beberaxes de taberna.

servido por cantos-de-mal-dolor sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Pouco bo se pode dicir de min, deume por nacer un día frio de febreiro aló po-lo ano 72, cando na españa aínda rebulía un xeneraliño de título superlativo e as conspiracións xudeo-masónicas tiñan a culpa tanto das secas coma das inundacións. Dende aquela ata hoxe pouco fixen, aparte de medrar un pouco i engordar un mundo. Tampouco creo que o futuro me depare maiores emocións.

Fotos

cantos-de-mal-dolor todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera