¿Que hai de novo, meu?
O tempo corre que voa, non teño excusa, dexei ir a cousa coma se tal, coma se non fose comigo a historia e cando me dou conta pasaron tres meses na volta. Certo é que tampouco pasou nada que me fixera vir expiar as miñas culpas a este sitio, todo normal, coma sempre, nas aldeas sempre é así, xa pode aterrar unha nave espacial que o tomamos con calma, sen darlle moito aquel.
Acaba de pasar o entroido, este ano convencéronme pra que me vestise de mamarracho e saíse ó cachondeo. Non tivo mal nengún, ó fin o de sempre, ás catro da mañán un xa non se da conta de que vai vestido cunha túnica e con capa (ó máis puro estilo da Santa Compaña) e aínda así tenta de entablar unha conversa medianamente intelixente coas churriñas que andan ó redor. Resultado: FRACASO. Nin eu estaba pra moito locemento verbal nin elas estaban po-la labor de escoitarme. Pouco faltou pra rematar bailando semi-espidos na praia de Area Basta. Noutro tempo isto sería un éxito sen paliativos, hoxendía... pois eso, un novo fracaso na dificil tarea de facer que unha muller diga tres frases medianamente coherentes sin ter que recurrir á tortura.
Se cadra deixome ver máis a miudo por aquí. Xa veremos.

Pouco bo se pode dicir de min, deume por nacer un día frio de febreiro aló po-lo ano 72, cando na españa aínda rebulía un xeneraliño de título superlativo e as conspiracións xudeo-masónicas tiñan a culpa tanto das secas coma das inundacións. Dende aquela ata hoxe pouco fixen, aparte de medrar un pouco i engordar un mundo. Tampouco creo que o futuro me depare maiores emocións.